De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Hros. Amador Álvarez Pérez o Acordo do 12 de maio de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 1-co, sito en Monforte de Lemos, relativo ao proxecto 01355, expediente 2016/000280, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016
Juan Carlos Argüello Fernández
presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01355-Conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas Lu-933 e Cn-120. Clave: Lu/06/198.01. Tm Monforte de Lemos.
Nº expediente: 2016/000280.
Persoa que se vai notificar: Hros. Amador Álvarez Pérez.
Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Lugo.
Expropiado: Hros. Amador Álvarez Pérez.
Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Lugo.
Predio nº: 1-co.
Concello: Monforte de Lemos.
Provincia: Lugo.
Valoración da resolución do Xurado: 45,52 €.