Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra da variante de Aradas, en Santiago de Compostela (clave AC/10/020.01).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 7 de maio de 2015, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra da variante de Aradas en Santiago de Compostela (clave AC/10/020.01), mediante Decreto 71/2015, publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de maio de 2015.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela para que comparezan no lugar, nas datas e nas horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Santiago de Compostela.

Lugar: Centro Sociocultural de Vite.

Data: 24 de outubro de 2016, das 9.30 ás 14.00 horas, desde o A ata Fernández Seoane, María Teresa.

Data: 25 de outubro de 2016, das 9.30 ás 14.00 horas, desde Gándara Martínez, Pedro ata Landeira Conde, Maximino.

Data: 26 de outubro de 2016, das 9.30 ás 14.00 horas, desde Liste Mata, Manuel ata Otero Vázquez, María Josefa.

Data: 27 de outubro de 2016, das 9.30 ás 14.00 horas, desde Pena Rendo, Javier ata o Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Santiago de Compostela e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2-8º andar).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e no 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2-8º andar), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña