Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de setembro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados nos procedementos de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para faceren as alegacións que consideren pertinentes e poderán examinar os expedientes e obter copia dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 20 de setembro do 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Cafetería Casa Pedro.

Titular: Agustín Martínez Silvar.

NIF: non consta.

Enderezo: avenida do Mar, 44.

Concello: 15624 Mugardos.

Establecemento: Cafetería O Castelo.

Titular: Luis Cabanas Rey.

DNI: non consta.

Enderezo: lugar de Monte Xalo-Urbanización O Castelo.

Concello: 15185 Cerceda.