Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jesús Paulino contra Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A.U., en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 752/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A.U., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 18.10.2016, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, edif. da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é a única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse de avogado, procurador ou graduado social colexiado no acto de xuízo.
E para que lle sirva de citación a Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016
A letrada da Administración de xustiza