Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do servizo, por lotes separados, consistente no contrato privado de seguro multirrisco do fogar e de seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica para os propietarios das vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras (expediente PVB-2016).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de servizo, por lotes separados, consistente no contrato privado de seguro multirrisco do fogar e de seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica para os propietarios das vivendas incorporadas ao Programa de vivendas baleiras (expediente PVB-2016).

b) Prazo de execución: 3 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1. Seguro multirrisco do fogar: trescentos noventa e seis mil setecentos cincuenta euros (396.750,00 €).

b) Lote 2. Seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica: douscentos noventa e dous mil oitocentos sesenta e catro euros con noventa e oito céntimos (292.864,98 €).

c) Importe total: seiscentos oitenta e nove mil seiscentos catorce euros con noventa e oito céntimos (689.614,98 €).

d) As operacións de seguro están exentas do IVE, segundo o establecido no artigo 20.1.16 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de setembro de 2016.

b) Lote 1. Contrato de seguro multirrisco do fogar:

Data de formalización do contrato: 14 de setembro de 2016.

Contratista: Bilbao Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, S.A.

Importe de adxudicación: trescentos noventa e seis mil douscentos corenta euros (396.240,00 €).

c) Lote 2. Contrato de seguro de garantía de cobro de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica:

Data de formalización do contrato: 14 de setembro de 2016.

Contratista: Arag, S.E. sucursal en España.

Importe de adxudicación: cento oitenta e un mil oitenta e un euros con sesenta e oito céntimos (181.081,68 €)

d) Ventaxas das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obtener a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláuslas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo