O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016
O/a secretario/a xeral da Emigración
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Importe |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela |
Prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela |
60.000,00 € |
20.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Fundación España Salud |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela |
60.000,00 € |
20.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela) |
20.000,00 € |
20.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela) |
70.000,00 € |
28.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela |
Contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas |
20.000,00 € |
28.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba |
Adquisición de material informático para a oficina de información e asesoramento en Cuba |
8.000,00 € |
28.5.2016 |
Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai) |
Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo |
20.000,00 € |
1.7.2016 |
Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai) |
Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo |
35.000,00 € |
1.7.2016 |
Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Buenos Aires |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos |
30.000,00 € |
2.7.2016 |
Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar de Plata |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Arxentina |
25.000,00 € |
3.7.2016 |
Convenio de colaboración coa Associaçao Recreio dos anciãos para asilo da velhice desamparada |
Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos |
20.000,00 € |
7.7.2016 |
Convenio de colaboración co Centro Gallego de Montevideo |
Adaptación das súas instalacións á nova normativa |
30.000,00 € |
20.7.2016 |
Convenio de colaboración coa Fundación +34 |
Atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade |
12.000,00 € |
18.8.2016 |
Convenio de colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) |
Contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a emigrantes retornados |
6.000,00 € |
19.8.2016 |
Convenio de colaboración co Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo |
Contribuír ao mantemento do centro |
60.000,00 € |
31.8.2016 |