Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria dun posto de traballo de condutor operario.

Conforme o Acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2016, convócase oposición para poder seleccionar a persoa que será contratada na modalidade de contrato de interinidade para desempeñar as funcións de condutor operario, previstas na base 1ª das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.

O período de duración do contrato comprenderá ata a reincorporación do traballador substituído, mentres o dito traballador conserve a reserva do seu posto de traballo.

A retribución bruta mensual será de 1.400,67 euros por todos os conceptos salariais (1.200,57 euros de salario mensual, rateo de pagas extraordinarias 200,10 euros).

As bases que rexen a convocatoria están nas oficinas municipais á disposición dos interesados e tamén na páxina web do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e deberase presentar a seguinte documentación: DNI ou equivalente, certificado de estudos primarios ou equivalente, permiso de conducir de clase C e Celga 2 (de ser o caso, para os aspirantes que o posúan).

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da casa do concello e na páxina web.

Arzúa, 14 de setembro de 2016

José Luis García López
Alcalde