Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46344

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 15 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016 (SI429A).

Pola Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 15 de xuño de 2016 establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

O artigo 22 da Resolución do 15 de xuño de 2016 establece que para a xustificación das axudas concedidas as beneficiarias presentarán, con data límite do 31 de outubro de 2016, a documentación que se indica no número 2 do mesmo artigo. Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de tramitación, e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiras persoas, procede modificar o dito artigo 22, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte das beneficiarias.

Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o punto 1 do artigo 22 (prazo e xustificación da subvención) da Resolución do 15 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016, que queda redactado como segue:

«As beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da subvención concedida coa data límite do 30 de decembro de 2016».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

A secretaria xeral da Igualdade
P.S. (Disposición adicional terceira do Decreto 72/2013, do 25 de abril)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza