O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,
RESOLVO:
Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social
ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2016
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Importe (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e La Opinión de La Coruña, S.L.U. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
9.057,60 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Onda Cero para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
4.182,75 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cope Galicia para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
4.826,25 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cadena ES Radio para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
707,85 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
149.796,35 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o xornal Faro de Vigo para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
68.372,30 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e El Progreso de Lugo, S.L. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
25.820,45 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o diario La Región para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
21.008,60 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Diario de Pontevedra para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
10.913,15 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Coruña, S.L. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
2.284,43 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Lugo, S.A. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
707,85 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Orense, S.A. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
1.126,13 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Pontevedra para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
1.190,48 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Ser Santiago para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
1.061,78 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cadena Ser Vigo para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
2.380,95 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Atlántico Diario para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
3.207,90 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Editorial La Capital para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
30.6.2016 |
10.630,10 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016. |
Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma. |
21.7.2016 |
23.953,90 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/da menor acollido/a mediante a formación, a orientación, o asesoramento e o apoio especializado ás familias e/ou aos/ás menores. |
4.6.2016 |
151.679,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado. |
20.6.2016 |
330.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC) para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia na clínica social de odontoloxía da Coruña. |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e o ICOEC en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección da xefatura territorial da consellería na Coruña poidan acceder ao servizo de asistencia odontolóxica e protésica do ICOEC na clínica social da Coruña. Os tratamentos odontolóxicos referidos neste convenio serán os excluídos de Servizo Galego de Saúde, conforme a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. |
21.6.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias. |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia poidan acceder ao Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias, a través das liñas de actuación máis axeitadas segundo sexa o seu caso. |
8.7.2016 |
70.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a colaboración na xestión do programa do carné familiar galego. |
Establecer o marco de colaboración para a xestión do Programa do carné familiar galego como recurso que beneficia as familias numerosas, captación de novas entidades colaboradoras co programa e a actualización da guía de entidades colaboradoras. |
20.7.2016 |
16.500,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo». |
Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo» desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña. Este programa inclúe o deseño e aplicación do tratamento terapéutico dos/das menores derivados/as polos equipos técnicos de menores da Consellería de Política Social, o seguimento e a avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos/das menores que estean recibindo o tratamento. |
20.7.2016 |
161.920,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado «Soporte vital a familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos». |
Apoio a familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. |
20.7.2016 |
10.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais. |
Establecer un marco de colaboración no desenvolvemento nun programa de formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia. |
20.7.2016 |
25.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta na cidade de Santiago de Compostela durante o ano 2016. |
Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración para o desenvolvemento do programa mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por |
28.7.2016 |
40.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta na cidade de Ourense durante o ano 2016. |
Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración para o desenvolvemento do programa mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a. |
28.7.2016 |
40.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello do Carballiño para a promoción da Residencia de tempo libre do Carballiño. |
Promoción da Residencia de tempo libre do Carballiño co fin de conseguir chegar a un maior número de futuros usuarios durante todo o ano e facer extensiva a oferta de actividades de lecer e recursos turísticos do Concello do Carballiño para que os usuarios da residencia poidan participar gratuítamente en calquera delas. |
14.8.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Pontevedra e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia. |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Pontevedra e a Fundación bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Pontevedra. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora. |
2.5.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Vigo e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia. |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Fundación bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Vigo. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora. |
2.5.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos do programa de persoas maiores. |
O desenvolvemento do Programa de persoas maiores en 23 centros da rede de centros sociocomunitarios da Comunidade Autónoma, que inclúe todas as actuacións que, desde a Obra Social La Caixa, impulsan un estilo de vida activo para contribuír ao benestar das persoas maiores e previr situacións non desexadas, promovendo a autonomía das persoas maiores, para que, cando aparezan as súas limitacións, estean preparadas para afrontalas. |
2.5.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema. |
O desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema, en que teñen cabida distintas formas de intervención destinadas a minimizar os danos asociados á situación persoal deste colectivo, así como a reducir as situacións de exclusión social, coa integración na sociedade e a procura dun xeito de vida normalizado. |
3.5.2016 |
165.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. |
A colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción social, englobadas nun programa marco denominado Proxecto Home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas. |
24.5.2016 |
149.365,44 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas. |
A colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade. |
25.5.2016 |
66.000,00 |
|
Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Federación Galega de Bancos de Alimentos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores. |
Establecer un procedemento de actuación que determine a coordinación para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo, previamente propostas polos concellos, e que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade. |
23.6.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo. |
O desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas, coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social 2014-2020. |
15.7.2016 |
64.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades no ano 2016. |
Actividades deportivas, de mantemento e mellora da axilidade mental, así como charlas sobre a protección xurídica dirixidas aos maiores durante o ano 2016. |
4.5.2016 |
19.800,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades no ano 2016. |
Actividades artísticas e culturais, |
4.5.2016 |
22.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral mediante a formación e do mantemento da entidade. |
O mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como para a prestación de servizos de apoio, asesoramento e accións de intermediación e sensibilización dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e ás súas familias. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
85.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade. |
Financiamento das seguintes actividades: – Servizo de información, orientación e asesoramento. – Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos. – Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular. – Titorías ao novo lesionado medular. – Cursos de formación. Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
42.992,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia, e para o mantemento da federación e das entidades federadas. |
O mantemento da federación e das entidades federadas e das seguintes actuacións: – A representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade. – O desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas. – A realización de eventos para a sensibilización, o coñecemento e o fomento de cohesión social. – O programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista. – O programa de apoio ás familias. – O programa de ocio, tempo libre e campamentos. Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia. |
10.5.2016 |
155.044,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e o mantemento de Cogami e das súas entidades. |
O mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas e as seguintes actividades: – Servizo de información, asesoramento e orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias. – Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias. – Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia. – Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade. – Sensibilización e concienciación. – Voluntariado. – Actividades de lecer. – Respiro familiar. – Servizo de información e asesoramento en accesibilidade. – Servizo de apoio ao movemento asociativo. Daráselle especial atención á muller con discapacidade xestante e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
946.012,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias e do mantemento da federación. |
O mantemento de Down Galicia e as seguintes actividades: – Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (Sepap) organizado nas seguintes áreas de atención: • Área de atención temperá. • Área de inclusión educativa. • Área de formación e emprego. • Área vida adulta e independente. • Área transversal. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
446.838,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia. |
– Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo. – Programa de apoio familiar. – Xestión do programa de atención integral ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para a autonomía persoal e a cidadanía activa. Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
198.571,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzheimer residentes en Galicia e o mantemento da federación. |
O mantemento da entidade e as seguintes actividades: – Actividades xerais. – Mantemento de instalacións e xestión da infraestrutura de Fagal. – Mantemento dos gastos derivados das actividades de xestión de Fagal: gastos de desprazamentos para reunións de coordinación de programas; gastos de reunión de xunta directiva e coa Xunta de Galicia. – Gasto de seguros da Fagal. – Coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer de Fagal. – Coordinación dos diferentes programas das asociacións. – Elaboración de programas comúns ás asociacións. – Coordinación e derivación de usuarios entre Fagal e asociacións. – Elaboración de material de información e difusión. – Elaboración de guías específicas por sectores profesionais das AFAs. – Desenvolvemento do plan de comunicación 2016. – Campaña de sensibilización polo día mundial do Alzheimer. – Deseño de material de divulgación. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
85.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o financiamento do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da federación. |
O mantemento de Faxpg e as seguintes actividades: – Servizo de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva (SAPS). – Servizo de intérpretes de lingua de signos española e guías-intérpretes (SILSE-GI): – Servizo integral para persoas xordas, xordocegas e persoas con discapacidade auditiva (SIPS). – Mantemento da estrutura asociativa da Faxpg e servizos de apoio. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e exeución. |
10.5.2016 |
723.644,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade. |
– Información, orientación e atención – Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares. – Fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental e de atención a domicilio e transporte no medio rural. – Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación. – Plan anual de formación para profesionais, coidadores non profesionais e profesionais dos servizos sociais. Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
588.434,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido e o mantemento da federación e das entidades federadas. |
O mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e os seguintes programas: – Programa de promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional das persoas afectadas de dano cerebral adquirido en situación de dependencia e ás súas familias a través de atención ambulatoria nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo e que implica o desenvolvemento de actividades nas áreas terapéutica, ocupacional e social. – Programa de información e asesoramento a familias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
211.511,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e o mantemento da federación. |
O mantemento de Fegerec e as seguintes actividades: – Ofrecer unha atención social integral ao colectivo de persoas que representa. – Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda. – Promover e potenciar as axudas e apoios para promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos. – Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, a que lles dá acceso a súa situación de enfermidade. Daráselle especial atención á muller embarazada, con discapacidade ou cunha enfermidade rara, e á súa familia. Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución. |
10.5.2016 |
22.200,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual durante o ano 2016. |
– Exercer o cargo de titor, curador ou outras figuras de garda das persoas con discapacidade intelectual encomendadas á Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, segundo o dereito vixente, cumprindo coas obrigacións inherentes ao cargo, coidando da persoa e administrando os seus bens con extrema dilixencia. – Informar e asesorar as familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores, persoas relacionadas coa garda de persoas e bens das ditas persoas con discapacidade intelectual, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares. Darase especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias, en cumprimento da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada. |
19.5.2016 |
55.000,00 |
|
Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior. |
Consolidación da Universidade Sénior, que é unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais. |
27.5.2016 |
27.500,00 |
|
Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores. |
Formación das persoas maiores, a través dun proxecto de desenvolvemento |
27.5.2016 |
27.500,00 |
|
Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV ciclo universitario. |
Favorecer e permitir o desenvolvemento da oferta educativa do Programa universitario de maiores, IV ciclo, así como a participación social que se leva a cabo desde as actividades de voluntariado activo. |
31.5.2016 |
27.500,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Carballedo, para a reforma e ampliación dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia. |
Execución da reforma e ampliación dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia. |
3.6.2016 |
700.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Cervo, para o equipamento dun centro sito en San Cibrao, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia. |
Adquisición do equipamento para o centro, construído en San Cibrao e titularidade do Concello de Cervo, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, por un importe de 160.000 euros, mediante unha contribución da consellería de 150.000 euros. O Concello comprométese a achegar os restantes 10.000 euros. |
3.6.2016 |
150.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades durante o ano 2016. |
O mantemento da entidade e promoción de actividades formativas, culturais, participativas e recreativas dirixidas aos maiores durante o ano 2016, en concreto: excursións de interese cultural, aplicación de novas tecnoloxías, obradoiros de memoria, actividades físicas e deportivas e celebración do Día do Xubilado. |
8.6.2016 |
5.500,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade. |
O mantemento de Cermi de Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade. |
14.6.2016 |
13.200,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Anade para o financiamento de actuacións desenvoltas con persoas con discapacidade no ano 2016. |
Organización e desenvolvemento de obradoiros de teatro, de escritura creativa e tres actuacións do grupo de teatro Pinchacarneiro. |
22.6.2016 |
9.900,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado durante o ano 2016. |
– Mantemento da entidade. – Actividades deportivas: • Xogos autonómicos para persoas con discapacidade intelectual. • Xogos autonómicos de deportes minoritarios. • Xogos autonómicos de fútbol sala. • Xogos autonómicos de campo a través. • Xogos autonómicos de maratón urbano. • Xogos autonómicos de atletismo. • Xogos autonómicos de baloncesto. – Actividades de lecer e familias: • Campamentos ou programa de vacacións. • Concurso de tarxetas de Nadal. • Actos de recoñecemento ao labor solidario. – Actividades de formación e culturais: • Foros ou xornadas e voluntariado, técnicos, persoas con discapacidade intelectual • Rede de teatro. – Actividades orientadas á familia. |
23.6.2016 |
189.946,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das aulas da terceira idade no ano 2016. |
– Na área cultural: literatura, historia da arte e xeografía, historia da música, inglés de iniciación e de perfeccionamento, francés e lingua galega. – Na área de dinámica ocupacional: obradoiros de debuxo, pintura, traballos manuais, expresión creativa, teatro, música, coral, informática e internet. – Na área de saúde integral: ximnasia de mantemento, ioga, tai-chi, pilates, obradoiros de memoria, desenvolvemento persoal e ximnasia na auga. – Na área de lecer: viaxes de fin de curso, visitas culturais a museos e exposicións, asistencia a concertos e sendeirismo. – Desenvolvemento do proxecto «Active |
28.6.2016 |
78.120,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermos de Alzheimer e outras demencias residentes en Galicia. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades que leva consigo o servizo orientado á formación e apoio das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias que Fagal ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2016 e que a seguir se detallan: – Cursos de formación para coidadores non profesionais de persoas con dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias. – Talleres de aplicación dos coidados no domicilio. – Creación e dinamización de grupos de autoapoio de persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias. – Creación de servizos de apoio, sensibilización e formación na área rural de Galicia. – Desenvolvemento de materiais de formación. |
30.6.2016 |
18.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades no ano 2016. |
Programas de formación, benestar e envellecemento activo, así como un programa cultural e social. |
1.7.2016 |
30.800,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Concello de Portomarín, para a construción dun centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, consistente en 16 apartamentos tutelados. |
Construción dun centro no Concello de Portomarín, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, consistente en 16 apartamentos tutelados, por un importe de 1.100.000 euros, mediante unha contribución da consellería de 200.000 euros. O Concello comprométese a achegar os restantes 10.000 euros. |
11.7.2016 |
200.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Profesor Novoa Santos para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. |
– Mobilidade: obtención do permiso de conducir especial para vehículo adaptado. – Actividades de ocio e deporte. – Edición dun boletín de educación sociosanitaria. |
21.7.2016 |
23.650,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, para o financiamento dun programa piloto de apoio socio-educativo comunitario e atención no fogar a persoas en situación de dependencia con enfermidade mental residentes en Galicia. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades que leva consigo o programa piloto orientado ao apoio – Área de atencións comúns. – Servizo de información, valoración, seguimento, avaliación e coordinación. – Servizo de información, orientación e formación a familiares. – Áreas de atención específicas. – Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional. – Atención psicolóxica. – Atención pedagóxica. – Servizo de actividades e programas. – Actividades de lecer e tempo libre. – Servizo de habilitación psicosocial. – Adestramento en habilidades persoais e sociais. – Fomento e promoción da inclusión social. – Servizo de desenvolvemento profesional e social para persoas dependentes en idade laboral. – Formación pre-laboral (habilidades básicas polivalentes para o emprego). – Formación ocupacional normalizada. – Formación práctico-laboral en empresa ordinaria. – Emprego con apoio. |
8.8.2016 |
60.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a organización do campo de traballo «Parque do Pasatempo», de temática patrimonial, que se desenvolverá desde o 15 ata o 26 do mes de xullo, no concello de Betanzos. |
9.5.2016 |
10.758,23 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a organización do campo de traballo «Horta do muíño», de temática ambiental, etnográfica e patrimonial, que se desenvolverá desde o 17 ata o 28 do mes de xullo, no concello de Outes |
9.5.2016 |
9.790,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a organización do campo de traballo «Bradoso-Acheiro», de temática ambiental, etnográfica e patrimonial, que se desenvolverá desde o 1 ata o 15 do mes de agosto, no concello da Laracha. |
9.5.2016 |
9.898,90 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a organización do campo de traballo «Castro de Socastro», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Rois. |
9.5.2016 |
10.880,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a organización do campo de traballo «Castelo de Novaes», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Quiroga. |
12.5.2016 |
8.999,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a organización do campo de traballo «Rota do Románico», de temática cultural, que se desenvolverá desde o 2 ata o 16 do mes de agosto, no concello de Pantón. |
12.5.2016 |
9.790,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a organización do campo de traballo «Casa da Neveira», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 5 ata o 16 do mes de xullo, no concello de Xermade. |
12.5.2016 |
10.864,23 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a organización do campo de traballo «O Courel», de temática ambiental e arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 14 ata o 25 do mes de xullo, no concello de Folgoso do Courel. |
12.5.2016 |
10.877,90 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a organización do campo de traballo «Audiovisual galego», de temática audiovisual, que se desenvolverá desde o 15 ata o 26 do mes de xullo, no concello de Celanova. |
19.5.2016 |
10.808,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social. |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a organización do campo de traballo «Un rural para tod@s», de temática ambiental e social, que se desenvolverá desde o 1 ata o 11 de agosto, no concello de Ourense. |
19.5.2016 |
8.400,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné xove. |
Establecer as bases reguladoras da colaboración entre a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a entidade financeira Abanca, para o apoio ás accións de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné xove que se leven a cabo en Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2016 e ata o remate da vixencia do convenio. |
20.5.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático. |
Regular as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento, no ano 2016, dun encontro informático que ten como obxectivo principal ser un punto de encontro e referencia para a mocidade no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais. |
16.6.2016 |
50.000,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa para o desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a mocidade galega. |
Funcionamento dunha oficina habilitada pola Fundación para a realización de actividades de información, documentación e asesoramento á mocidade sobre Europa. |
30.6.2016 |
42.500,00 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para a realización do programa «Correspondentes universitarios». |
Establecer a forma e as condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para a posta en marcha do programa «Correspondentes universitarios» entre o seu alumnado. |
4.7.2016 |
Non implica obriga económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Exponav para o fomento da actividade museística da dita fundación entre a mocidade gallega. |
Establecer as condicións da colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Exponav para o fomento e a divulgación da súa actividade museística entre a mocidade galega, mediante o desenvolvemento de diversas actuacións. |
24.8.2016 |
17.000,00 |


