Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46666

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, por la que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 14 de abril de 2016 (DOG núm. 86, do 6 de maio) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar desertos os postos de supervisor/a de Unidade de Hospitalización de Especialidades Cirúrxicas do Hospital do Barco de Valdeorras, supervisor de Unidade de Urxencias do Hospital de Verín e un posto de supervisor/a de Unidade do Bloque Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os aspirante nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006, avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Sexto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 20 de setembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a de unidade de Hospitalización de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: María Gloria García Freire.

DNI: *****082V.

Posto: supervisor/a de unidade do Bloque Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: Manuel Eladio Atrio Padrón.

DNI: *****688A.

Nome e apelidos: Begoña Tejero Míguez.

DNI: *****605D.

Posto: supervisor/a de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: José Camilo Noguerol Freijedo.

DNI: *****078C.

Posto: supervisor/a de unidade de Urxencias-Reanimación do Hospital do Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: José Ramón López Rodríguez.

DNI: *****788T.

Posto: supervisor/a de unidade de Quirófano-Esterilización do Hospital do Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: Sandra González Pérez.

DNI: *****649S.

Posto: supervisor/a de unidade de Hospitalización Cirúrxica do Hospital de Verín.

Nome e apelidos: María Isabel Rivero Cotilla.

DNI: *****672H.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.