Conforme o establecido na base sexta punto 1 da Orde do 6 de maio de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Conceder as bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento ás persoas candidatas realcionadas no anexo I.
2. Establecer a listaxe de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución, para o caso de renuncia a algunha das bolsas concedidas.
3. Denegar o resto das solictudes presentadas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso postestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Orde do 6.5.2016)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO I
Persoas adxudicatarias
Apelidos |
Nome |
Puntuación |
Destino |
Contía bolsa |
|
1 |
Castro Pousa |
Tamara |
21,00 |
OTC Nicaragua |
17.400 |
2 |
Castro Pintos |
Ángela |
19,75 |
OTC Perú |
17.400 |
3 |
Visaires González |
Ana |
18,25 |
OTC Rep. Dominicana |
17.400 |
4 |
Vicente Díaz |
Luis |
17,75 |
OTC Mozambique |
17.400 |
5 |
Comesaña Pérez |
Soraya |
17,75 |
DXRREE |
12.000 |
6 |
García Villar |
Aura Rosa |
17,75 |
DXRREE |
12.000 |
ANEXO II
Listaxe de reserva
|
Apelidos |
Nome |
Puntuación |
1 |
Luaces Fernández |
Sara |
17,50 |
2 |
Cabana Porto |
Cándido |
17,25 |
3 |
Cubría Felpete |
Claudia |
17,00 |
4 |
Fraga María |
Ángela |
16,00 |
5 |
Álvarez Fernández |
Raquel |
15,50 |
6 |
Barreiro Rodríguez |
María |
14,75 |
7 |
Mielgo González |
Virginia |
13,75 |
8 |
Barbero Penas |
Clara |
13,50 |
9 |
García Soage |
Andrea |
12,75 |