Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos de Quimeltia Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos de Quimeltia Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: profesionais, empresas, persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente o soliciten e que acrediten as condicións recollidas no artigo 5.

Asinan a acta de constitución: José Antonio Redondo Sampedro en representación da empresa Celtclinic, S.L., Héctor Pérez Ibáñez en representación da empresa Heva Deter Hispánica, S.L., Juan Carlos Novoa Novoa en representación da empresa Orenquímica, S.L., José Luis González Vázquez en representación de Sisquiga, S.L., José López Vilariño en representación de Sislim, S.L., Miguel Ángel García Miguens en representación de Kemegal Químicos, S.L.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego