Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de outubro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente COR/5/2013-C1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística dictou, o 6 de setembro de 2016, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística COR/5/2013 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 26 de xuño de 2014, 24 de febreiro de 2015 e 20 de novembro de 2015, en que se ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar, recheo de terra e construción de muro de contención, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Abelendo, no término municipal de Porto do Son, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Manuel Romano Sampedro e a Josefa Abraldes Pérez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística