Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2016 pola que se notifica o traslado ao Concello de Coles, para a adopción de medidas de reposición da legalidade urbanística, do expediente OUR/84/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o 5 de setembro de 2016, poñer en coñecemento do Concello de Coles as obras de rehabilitación e ampliación de edificación tradicional na parcela 90 do polígono 25, no lugar de Pacios, no termo municipal de Coles, para que, no exercicio das súas competencias, adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto na sección segunda do capítulo III do título VI da LSG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Luis Antonio Timiraos Carraco e a María del Carmen Paz Añel, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do pocedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no día seguinte ao desta publicación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística