Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47703

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 18 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal, relativo ás puntuacións definitivas da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida nas bases 1.3.4 e 1.4.2 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

Os/as aspirantes seleccionados que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na parte relativa a emprego público, categoría de médico/a de médico de familia (www.sergas.es/emprego público).

A documentación requirida nas alíneas a), b) e c) deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 10 de decembro de 2014, os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. Contra o acordo do tribunal, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO
Relación de aspirantes seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Innovación e investigación

Total

*373A

Muíño Vázquez, Virtudes

P

46,091

14,000

13,950

0,000

74,041

*857Z

Prieto Larrán, Sergio

P

33,819

14,000

20,075

0,000

67,894

*613S

Periscal Martínez, Huguete

P

37,228

14,000

14,100

0,020

65,348

*296E

Andrés Iglesias, Ramón

P

40,773

14,000

8,200

0,000

62,973

*781S

Piñeiro Vidal, María José

P

40,910

14,000

7,050

0,300

62,260

*578K

Iglesias Acevedo, María del Pilar

P

39,546

3,507

16,375

0,000

59,428

*421Z

Castro Balado, Eva María

P

39,137

14,000

5,025

0,400

58,562

*418B

Villaverde Cabaleiro, Luis

P

33,819

14,000

10,275

0,100

58,194

*983V

Vila Alonso, María Teresa

P

36,819

14,000

5,600

0,150

56,569

*427B

Camacho Cascajo, Gabriel

P

38,864

14,000

3,650

0,000

56,514

*216J

Muñoz García, José Luis

P

38,046

14,000

3,150

0,200

55,396

*784L

Prado Comesaña, María Otilia

P

35,455

14,000

5,375

0,000

54,830

*019D

Purriños Orgeira, María Lourdes

P

36,546

14,000

2,875

1,200

54,621

*263N

Saiz Rubio, María Jesús

P

34,364

14,000

6,200

0,000

54,564

*016B

Pousa Fernández, Patricia

P

36,137

14,000

2,850

0,000

52,987

*773K

Pérez Garrido, María Isabel

P

32,728

14,000

6,125

0,100

52,953

*623B

González Blanco, María Amparo

P

33,819

14,000

4,675

0,000

52,494

*274Y

Fernández González, María Esther

P

32,864

14,000

4,700

0,300

51,864

*406R

Guzmán Sáez, María Encarnación

P

33,000

14,000

4,225

0,000

51,225

*639T

Rascado Sedes, Francisco

P

34,091

14,000

2,825

0,000

50,916

*461M

Raluy Domínguez, Juan José

P

37,228

12,115

0,300

0,000

49,643

*551D

González Pereiro, María Benita

P

35,046

11,525

1,300

0,000

47,871

*393Q

Díez Pascual, Roberto

P

29,455

5,480

12,225

0,100

47,260

*418M

Rodríguez Corral, Eva María

D

35,000

14,000

17,700

0,000

66,700

*637E

Rodríguez Ramos, Ana María

D

35,875

7,017

21,575

0,000

64,467

*961J

Abdulkadir Kurdi, Ghassan

D

35,250

6,585

22,000

0,000

63,835

*398F

Méndez Besada, María Consuelo

D

32,375

8,450

22,000

0,000

62,825

*292C

Rionegro López, Miguel Ángel

L

45,125

14,000

22,000

0,000

81,125

*067Q

Pérez Fernández, Ana

L

42,750

14,000

22,000

0,000

78,750

*895K

Martínez Figueiras, Ángel

L

42,500

14,000

22,000

0,000

78,500

*266T

Pérez Souto, Marta

L

41,250

14,000

22,000

0,000

77,250

*381B

Nebreda Vicario, María Consuelo

L

40,000

14,000

22,000

0,150

76,150

*270B

Doporto Framil, Carlos Primo

L

41,875

14,000

19,800

0,000

75,675

*421F

Martín Díaz, Ricardo

L

41,250

14,000

20,125

0,150

75,525

*043R

González Vázquez, Gabriel

L

38,875

14,000

21,775

0,000

74,650

*054M

Gabián Pereira, Carlos

L

44,375

14,000

16,050

0,000

74,425

*787T

Sanjurjo Méndez, María Lidia

L

38,250

14,000

22,000

0,000

74,250

*366P

Gallego Laborda, María Pilar

L

38,000

14,000

22,000

0,000

74,000

*175S

Pérez Rojo, José Antonio

L

39,500

14,000

20,400

0,000

73,900

*260J

Soria Paz, María Mercedes

L

37,750

14,000

22,000

0,000

73,750

*652X

Guede Gallego, María Carmen

L

37,750

14,000

22,000

0,000

73,750

*070K

Iglesias Pérez, Eugenia

L

37,750

14,000

22,000

0,000

73,750

*896B

Blanco Jorge, María Jesús

L

37,500

14,000

22,000

0,050

73,550

*425N

Reboiro Díaz, Santiago Tomás

L

38,875

14,000

19,950

0,400

73,225

*286T

Pérez Laorden, Ana

L

36,875

14,000

22,000

0,000

72,875

*530E

Estebanez Fernández, Jesús

L

36,875

14,000

22,000

0,000

72,875

*093G

López Carbajales, Esther

L

36,875

14,000

21,450

0,000

72,325

*256B

Fernández Viéitez, María Begoña

L

38,125

12,145

22,000

0,050

72,320

*592F

Díaz López, Florentino

L

39,625

9,859

22,000

0,600

72,084

*963K

Becoña de la Torre, Francisco

L

35,875

14,000

22,000

0,000

71,875

*914L

Freire Picos, José Antonio

L

35,875

14,000

22,000

0,000

71,875

*837Z

García Fraga, José Antonio

L

44,250

14,000

12,975

0,550

71,775

*391Q

Torreira Queijeiro, María José

L

35,625

14,000

22,000

0,000

71,625

*390S

Rey Goldar, María Luz

L

35,000

14,000

22,000

0,550

71,550

*992M

Hurtado Hernández, Zaraida

L

41,500

14,000

15,450

0,550

71,500

*662G

Expósito Alfonso, María Aurora

L

35,500

14,000

21,900

0,040

71,440

*287C

Naveiro Millán, Juana María

L

35,375

14,000

22,000

0,000

71,375

*074H

Baltar Domínguez, Carlos Ramón

L

35,000

14,000

22,000

0,000

71,000

*920T

Carrasco Cendón, Aurora

L

35,875

13,015

22,000

0,000

70,890

*427D

Fandiño Carrillo, María José

L

34,875

14,000

22,000

0,000

70,875

*624G

Arijón Barazal, María Cristina

L

34,875

14,000

22,000

0,000

70,875

*769X

Lamas Otero, Sara

L

34,250

14,000

22,000

0,000

70,250

*798K

Bravo González, Ana Isabel

L

34,125

14,000

22,000

0,000

70,125

*761K

Fernández Martínez, María Angustias

L

36,875

11,135

22,000

0,000

70,010

*062G

Sola Ananín, Beatriz

L

50,125

14,000

5,700

0,000

69,825

*741L

Piñeiro Martínez, Rosalía Consolación

L

37,875

14,000

17,700

0,000

69,575

*601S

Fernández Soto, María Eugenia

L

33,500

14,000

22,000

0,000

69,500

*471X

Buján Garmendia, Sandra

L

33,500

14,000

22,000

0,000

69,500

*267A

Cruz Rodríguez, María Mercedes

L

37,375

9,910

22,000

0,000

69,285

*112M

Ramos Fernández, Carlos

L

39,875

13,635

15,750

0,000

69,260

*897K

Fernández Díaz, María del Pilar

L

33,000

14,000

22,000

0,000

69,000

*789X

Fandiño Lorenzo, Antía

L

35,625

11,200

22,000

0,000

68,825

*773X

Rodríguez Gómez, Margarita

L

32,625

14,000

22,000

0,050

68,675

*246M

López Fidalgo, María Inmaculada

L

34,500

14,000

20,100

0,000

68,600

*140B

Moreno Torres, María Ángeles

L

32,500

14,000

22,000

0,000

68,500

*966X

Ollero Losada, María Teresa

L

32,375

14,000

22,000

0,000

68,375

*598E

Arca Pichel, María del Carmen

L

32,375

14,000

22,000

0,000

68,375

*542K

Artabe Noya, Roberto Fernando

L

33,375

12,835

22,000

0,000

68,210

*650N

Rivas Azurmendi, Pablo

L

32,500

13,703

22,000

0,000

68,203

*336F

Portela Carreiro, Julio

L

31,875

14,000

22,000

0,300

68,175

*796H

Martínez López, Paula

L

42,000

14,000

12,150

0,000

68,150

*898L

Rodríguez Posada, María

L

32,500

14,000

21,300

0,000

67,800

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.