Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela nas parroquias da Xesta e Sanguiñedo, nos concellos de Lalín e Dozón, promovido pola SAT Saa 1270 XUGA (clave 2016/0100).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de setembro de 2016, do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela nas parroquias da Xesta e Sanguiñedo, nos concellos de Lalín e Dozón (Pontevedra), promovido pola SAT Saa 1270 XUGA.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental