Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (697/2014).

Eu, Mónica Piñera Magdalena, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que, con data do 4 de febreiro de 2016, Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza nos autos de xuízo de faltas nº 697/2014, contra Begoña Rodríguez Furelos.

Contra esa resolución cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións en secretaría á disposición das partes.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle a Begoña Rodríguez Furelos, en paradoiro descoñecido, a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 27 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza