Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47681

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2016 pola que se convoca un curso monográfico denominado Novas directivas de contratación. Lei de contratos do sector público. Modificación e a súa aplicación práctica.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2016 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase un curso monográfico denominado Novas directivas de contratación. Lei de contratos do sector público. Modificación e a súa aplicación práctica, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O obxectivo desta acción formativa é dar a coñecer as principais novidades da Lei de contratos do sector público derivadas da última modificación lexislativa e a súa aplicación práctica.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

Réxime xurídico da contratación pública. Tipos de contratos.

O contrato administrativo. Órganos de contratación.

Fase de preparación dos contratos.

Criterios de selección do contratista e adxudicación.

Garantía do contratista.

Prerrogativas da Administración.

Finalización do contrato.

Normas específicas dos diferentes tipos contractuais.

3. Destinatarios.

Este curso está dirixido aos empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Datas: 8, 10, 15 e 17 de novembro de 2016.

Horario: de tarde.

Duración: 12 horas lectivas.

5. Número de prazas: 50.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 3 de novembro de 2016.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41 - 981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da lista de admitidos.

A listaxe de seleccionados publicarase na epígrafe deste curso da páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/).

9. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

10. Certificado de asistencia oficial.

Ao final do curso expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización do curso, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública