Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016221TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 5 de setembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador núm. 2016221TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Joao Paulino do Nascimento Junior, con NIE Y0103628G, como titular do establecemento Club Falcon Crest.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Joao Paulino do Nascimento Junior o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 29 de setembro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016221TA-PO.

Denunciado: Joao Paulino do Nascimento Junior, con NIE Y0103628G, como titular do establecemento Club Falcon Crest.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Palacios, 120 (Club Falcon Crest), 36400 O Porriño (Pontevedra).

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

– Disposición adicional terceira da Lei 28/2005 que establece que nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: setenta e cinco euros (75 €).