Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha fábrica de pensos de Piensos Nanfor, S.A., no concello de Begonte (expediente 2015-IPPC-I-99).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada da fábrica de pensos compostos de Piensos Nanfor, S.A. en Begonte (Lugo), xullo 2016. Ed.2.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela)

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades >>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-99.

Peticionaria: Piensos Nanfor, S.A.

Domicilio social e localización da instalación: estrada N-VI, km 517,7, Santo Estevo de Uriz, 27373 Begonte (Lugo).

Actividade: fábrica de pensos compostos para a alimentación animal.

Descrición do proxecto: consiste en ampliar a planta cunha nova granuladora. Deste xeito, ante un posible cambio no mix de produción e coa incorporación de novas materias primas, a capacidade de produción de produto acabado pasará das 293 t/día ás 400 t/día.

Verteduras: as verteduras proceden das augas sanitarias, purgas da caldeira e augas pluviais de escorremento interior.