Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 182/2014 por instancia de María Jesús Dablanca Rodríguez contra a empresa Gecreri, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Parte resolutiva.
Estímase a demanda formulada por María Jesús Dablanca Rodríguez fronte á empresa Gecreri, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Gecreri, S.L. a aboar a María Jesús Dablanca Rodríguez a cantidade de sete mil catrocentos trinta e nove euros con sesenta e tres céntimos de euro (7.439,63 euros).
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gecreri, S.L. expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 3 de outubro de 2016
A secretaria xudicial