Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47920

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación da construción da escola infantil en Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: construción de escola infantil en Vilaxoán.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 10 meses.

Código CPV: 45214100-1 Traballos de construción de edificios para xardín de infancia.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 579.735,54 €. IVE (4 %): 121.744,46 €. Total (IVE incluído): 701.480,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa e na Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: grupo C (edificiacións), subgrupo 3 (estruturas metálicas), categoría 3 ou D.

8. Presentación de ofertas: 26 días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 11 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si (as establecidas no anexo VIII do PCAP).

9. Apertura dos sobres 2 e 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 20 en relación co anexo I.29 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 11 de outubro de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde