A entidade pública Augas de Galicia procede a dar publicidade da seguinte encomenda de xestión realizada a unha empresa pública de conformidade co disposto na normativa que resulta de aplicación na materia:
1. Entidade encomendante.
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Actuación: servizo.
Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Encomenda de xestión.
Título: servizo para a redacción de trece proxectos de saneamento e abastecemento en distintos concellos de Galicia.
Clave do expediente: OH.988.383.
Descrición do obxecto: os traballos que se van executar consisten na redacción de determinados documentos técnicos no nivel de proxecto construtivo en relación con trece infraestruturas hidráulicas de saneamento e abastecemento.
Orzamento: importe neto: 98.537,69 euros. Importe total: 119.230,60 euros.
Data de formalización: 15 de setembro de 2016.
Prazo de execución: tres meses e medio con previsión de ampliación sen que poida implicar incremento do gasto.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
O obxecto desta encomenda de xestión será cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia