En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 da Orde do 10 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, procédese á publicación dos adxudicatarios.
O obxecto da convocatoria son as axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.
A finalidade da axuda son as actividades que teñan por obxecto ben a organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico, ben a dixitalización do patrimonio documental custodiado en arquivos galegos.
Os beneficiarios son as universidades galegas, concellos e entidades sen fin de lucro de Galicia que figuran no anexo desta resolución.
Norma reguladora: Orde do 10 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 65, do 6 de abril).
Crédito orzamentario: setenta e sete mil setecentos corenta euros (77.740 €) con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 nas seguintes aplicacións orzamentarias: 10.20.432A.744.4, 10.20.432A.760.0 e 10.20.432A.781.0.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Relación de adxudicatarios e importe das axudas
Universidades
Expediente |
Solicitante |
Finalidade da subvención |
Contía da axuda |
2016/1 |
Universidade de Santiago de Compostela |
Dixitalización |
2.000,00 € |
Concellos
Expediente |
Solicitante |
Finalidade da subvención |
Contía da axuda |
2016/37 |
Concello de Foz |
Dixitalización |
1.889,63 € |
2016/51 |
Concello de Vedra |
Organización |
5.000,00 € |
2016/19 |
Concello de Vilar de Santos |
Organización |
5.000,00 € |
2016/16 |
Concello de Cervo |
Organización |
4.729,58 € |
2016/45 |
Concello de Castroverde |
Organización |
5.000,00 € |
2016/12 |
Concello de Boqueixón |
Dixitalización |
1.981,74 € |
2016/44 |
Concello de Ordes |
Organización |
5.000,00 € |
2016/3 |
Concello de Cerdido |
Organización |
4.356,00 € |
2016/17 |
Concello de Culleredo |
Dixitalización |
1.991,85 € |
2016/29 |
Concello das Pontes de García Rodríguez |
Dixitalización |
1.991,44 € |
2016/27 |
Concello de Coles |
Organización |
5.000,00 € |
2016/13 |
Concello de Ribeira |
Dixitalización |
1.989,50 € |
2016/42 |
Concello de Cambre |
Dixitalización |
1.810,26 € |
Entidades sen fin de lucro
Expediente |
Solicitante |
Finalidade da subvención |
Contía da axuda |
2016/9 |
Sociedade Galega de Historia Natural |
Organización |
4.800,00 € |
2016/4 |
Fundación Rosalía de Castro |
Organización |
3.968,80 € |
2016/8 |
Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) |
Dixitalización |
2.000,00 € |
2016/7 |
Fundación Isla Couto |
Organización |
5.000,00 € |
2016/2 |
Fundación Luis Tilve |
Organización |
4.979,78 € |
2016/6 |
Fundación Penzol |
Organización |
5.000,00 € |
2016/5 |
Fundación Uxío Novoneyra |
Organización |
4.000,55 € |