Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación da instalación de iluminación de Nadal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Comercio. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 3971-106.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: servizos. b) Descrición: elaboración dun proxecto decorativo de iluminación exterior das rúas comerciais da cidade durante as festas do Nadal 2016/17, e o seu desenvolvemento, mediante a instalación, mantemento e desmontaxe dos elementos lumínicos ornamentais propostos. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o día 31 de xaneiro de 2017. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 252.769 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira:

• Declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

b) Solvencia técnica e profesional:

• Unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan co obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: si. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 21 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación