Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48380

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation).

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), dítase a presente resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a continuación:

Feitos:

Primeiro. O 29 de xullo de 2016 Julio José Casal González, presidente do padroado da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), formulou solicitude de clasificación e declaración de interese galego para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo. A Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation) foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 29 de xuño de 2016, ante o notario Francisco Manuel Ordóñez Armán, co número de protocolo 1.743, por Julio José Casal González, Luis Miguel Martínez Otero, David Carro Meana, Juan José Nieto Roig, Francisco Javier Novelle Secades, Rosana Rodríguez López, José Manuel Vázquez Rodríguez, José Ramón Pérez Sante, María Eulalia Pérez Sedeño, Enrique Castellón Leal, Enric Banda Tarradellas, Manuel de León Rodríguez, Luis Bejerano Gómez-Hervada, Pedro Regojo Balboa, María Victoria Otero Espinar, David Ríos Ínsua, Victoria Ley Vega de Seoane, Camilo José Cela Conde, Carlos Belmonte Martínez, Santiago Canals Gamoneda, Juan Lerma Gómez, Susana Martínez-Conde García, Stephen Louis Macknik, Manuel Ángel Castro Alamancos e María Felipa Jove Santos, que actúan no seu propio nome e dereito.

Terceiro. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto:

– Promover e desenvolver a investigación científica sobre a saúde humana, especialmente no ámbito da investigación biomédica;

– Achegar a investigación punteira, a investigación fronteira e o persoal que desenvolve estas actividades á cidadanía, convertendo a Fundación nun referente da ciencia máis avanzada e ligando esta entidade a un impacto positivo e duradeiro no benestar da humanidade;

– A Fundación será unha institución de excelencia que se dotará da capacidade necesaria para competir na escena autonómica, nacional e internacional da investigación biomédica, para contribuír á translación deste coñecemento á área clínica e potenciar a prestación de servizos encamiñados a mellorar a saúde e o benestar da sociedade;

– A Fundación promoverá e canalizará a participación activa do mundo empresarial e do financiamento privado na investigación científica a través do patrocinio e o mecenado en apoio da ciencia;

– A Fundación potenciará a transferencia á sociedade e á contorna biomédica do coñecemento, a información e a experiencia xerados pola investigación, erixíndose a Fundación como unha plataforma de interrelación entre a investigación e o tecido empresarial.

Cuarto. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, a identificación dos membros do padroado e os estatutos.

Quinto. Nos estatutos da Fundación consta a denominación e natureza, o domicilio, os fins e actividades para a consecución dos seus fins, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficiarios, así como a designación do padroado inicial.

Sexto. O padroado inicial da Fundación está formado por Julio José Casal González como presidente; Luis Miguel Martínez Otero como vicepresidente; Pedro Regojo Balboa como secretario; e Manuel de León Rodríguez, Enric Banda Tarradellas, Luis Bejerano Gómez-Hervada, Carlos Belmonte Martínez, David Carro Meana e Enrique Castellón Leal como vogais.

Sétimo. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías elevoulle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado será exercido pola Consellería de Sanidade.

Oitavo. De conformidade coa dita proposta, por Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 13 de setembro de 2016, clasificouse de interese sanitario a Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), e adscribiuse á Consellería de Sanidade para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, en relación co Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, correspóndelle a esta consellería a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia, de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006 e nos decretos 14/2009 e 15/2009, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Sanidade, da Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation), polo que,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar de interese galego a Fundación Coruña Biomedical Institute (CorBi Foundation).

Segundo. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Esta Fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e nos decretos 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e o Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, así como á demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como a presentación anual da documentación contable e o plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería de Sanidade.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidad