Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48387

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data sinatura

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais.

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais.

0,00 €

29.7.2016

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

0,00 €

29.7.2016

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.

0,00 €

29.7.2016

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades de formación, investigación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde laboral.

O obxecto deste acordo entre o ISSGA e a Universidade de Santiago de Compostela é o establecemento dun marco de colaboración para o desenvolvemento de actuacións de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde laboral, para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e o fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

0,00 €

29.8.2016

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e a Fundación Laboral da Construción (FLC), para a promoción da prevención de riscos laborais mediante accións de formación, información, asesoramento e asistencia técnica no sector da construción e afins.

O obxecto deste acordo marco é o establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de formación e información, de asesoramento e de asistencia técnica en materia de prevención de riscos laborais, dirixidas tanto a empresas como a traballadores e traballadoras que desempeñan a súa profesión ou oficio dentro do sector da construción ou de sectores afíns a el, incluídos no marco normativo do Convenio colectivo xeral do sector da construción, para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo neste sector, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e a promoción de estruturas eficaces de prevención.

0,00 €

29.8.2016