Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015 da PACAP, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Reglamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto o ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 19 de outubro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expte. |
Nº acta infracción |
Nome ou razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe sanción |
|
61/16 |
I322016000016847 |
Stadium Rest, S.L. |
B32464331 |
r/ Ramón Piñeiro, 7, 32001 (Ourense) |
28.9.2016 |
626 € |


