Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia no expediente sancionador SAN-PO-0039/2016-BA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

No caso de que non comparezan no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 20 de outubro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0039/2016-BA.

Denunciado: Alberto González Alonso.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0024/2016-IA.

Denunciado: Horacio Coira Barreiro.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0072/2016-VNA.

Denunciado: Florentini Niti Cirpaci.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0035/2016-CSA.

Denunciada: Mª Teresa Cima Freaza.

Acto de notificación: proposta de resolución.