Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48814

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia da saúde, especialidade en medicina do traballo, durante o exercicio 2017 e seguintes.

Detectado erro no anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia da saúde, especialidade en medicina do traballo, para a Deputación de Ourense, durante o exercicio 2017 e seguintes, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 201, do 21 de outubro, páxina 47479, procédese á súa corrección a través do presente anuncio.

Deste xeito, onde di: «...As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente...», debe dicir: «As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo».

Esta rectificación de erros altera o prazo límite de presentación de ofertas, que finalizará o décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de outubro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense