Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte de segundo nivel para o mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos (expediente AB-ASF1-16-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-16-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de soporte de segundo nivel para mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

e) Acordo marco (se é o caso): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se é o caso): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2016/S 097-174380, do 21 de maio de 2016.

– BOE nº 131, do 31 de maio de 2016.

– DOG nº 107, do 7 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 963.717,57 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 404.357,02 euros.

Importe total: 489.272 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2016.

c) Contratista: Suministros, Importaciones y Mantenimientos Electrónicos, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 355.802,02 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 430.520,44 euros.

Ferrol, 5 de outubro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol