Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 645/2016, do 16 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 16 de marzo de 2016, ditou sentenza no recurso de casación número 2802/2014, interposto contra a sentenza pronunciada, con data do 22 de maio de 2014, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4524/2011, interposto por Eva Pardo González, José Benito González Trigás, Alberto Otero Carneiro e José Alonso Vázquez. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1º. Estimamos parcialmente o recurso de casación interposto contra a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 22 de maio de 2014, estimatoria do recurso interposto contra a Orde do 16 de setembro de 2011, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Boborás (Ourense), setenza que casamos e anulamos, en canto que incorre en incongruencia nos particulares reflectidos no corpo desta sentenza.

2º. Estimamos o recurso contencioso-administrativo contra a Orde do 16 de setembro de 2011, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Boborás (Ourense), que anulamos por contrario ao ordenamento xurídico.

3º. Non facemos imposición das custas causadas nin en instancia nin en casación.

Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserirse na colección lexislativa do Consello Xeral do Poder Xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

O Tribunal Supremo, mediante Auto do 6 de abril de 2016, acordou que procede a aclaración da Sentenza do 16 de marzo de 2016, que no punto segundo da resolución debe dicir: «Estimamos o recurso contencioso-administrativo contra a Orde do 16 de setembro de 2011, sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Boborás (Ourense), a cal anulamos no relativo á delimitación do ámbito do núcleo rural da Almuzara establecida pola referida orde, por contrario ao ordenamento xurídico».

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo