Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48871

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016 pola que se acorda publicar a anulación da relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos.

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na súa sesión do 10 outubro de 2016, acordou:

«Primeiro. Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto polo presidente do Comité de Empresa do persoal laboral de administración e servizos da provincia de Pontevedra da Universidade de Vigo, anulando o acordo tomado polo Consello de Goberno na sesión do 22 de xullo de 2016, polo que se aprobaba a relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos, por non ter achegado o informe do Comité de Empresa do PAS laboral da provincia de Pontevedra e o informe da Xunta de Galicia no prazo establecido para a toma de decisión do órgano colexiado.

Segundo. Retrotraer o procedemento ao momento da convocatoria da sesión do Consello de Goberno e achegar toda a documentación exixida polas normas de aplicación para que o debate e toma de acordo sobre a relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos se produza consonte coa normativa vixente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

En consecuencia, esta reitoría resolve ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia destes acordos nos termos anteditos, dos cales deriva a anulación da relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, o pasado 22 de xullo de 2016 e publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de agosto de 2016.

Vigo, 26 de outubro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo