O artigo 10 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,
RESOLVO:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.
Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Terceiro. Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes desde o día seguinte á súa publicación, tal e como establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Estrada, 28 de outubro de 2016
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
|
Álvarez Vilela, Martín |
|
Briones Aboy, Luis Manuel |
|
Cabrera González, Pedro |
|
Calaza Cal, Sergio |
|
Capelo Campo, Óscar |
|
Choren Varela, Julio |
|
Cotillo Jurado, Carlos |
|
Crecente González, Ignacio |
|
Da Cruz Lopes, Manuel |
|
Domínguez García, Juan Luis |
|
Durán Alonso, Alenxandre |
|
Expósito Fernández, Edward |
|
Fernández Pérez, Daniel |
|
Fernández Vázquez, Víctor |
|
Franco Torrado, Eric |
|
García Fernández, Ramón Ángel |
|
Gestal López, Cristina |
|
González Méndez, Santiago |
|
Klosowski, Pawel |
|
Labandeira Angueira, Daniel |
|
Lires Lema, Héctor |
|
López Vázquez, Lorena |
|
Lores Vázquez, Juan |
|
Martínez Granados, Isi Doro |
|
Méndez Fernández, Carlos |
|
Mirazo Nieto, David |
|
Ndiaye, Ibrahima |
|
Pérez Sanjurjo, Mercedes |
|
Pernas Cifuentes, Rafael |
|
Rocha Gómez, Norman |
|
Rodríguez Nieto, Bruno |
|
Rodríguez Quintana, Mordejai |
|
Saibou Sarr, Serigne |
|
Salvado Cibes, José Luis |
|
Sande Veiga, José Ramón |
|
Veiga López, Alberto |


