Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49916

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de cafetaría da estación de autobuses de Santiago de Compostela (expediente 2016/CA/outubro).

1. Obxecto do contrato: explotación da cafetaría da estación de autobuses, situada na avda. Rodríguez de Viguri.

2. Canon de licitación:

De acordo coa cláusula 6 do prego administrativo, os canons son os seguintes:

• Canon mínimo de alugueiro da cafetería: 1.000 €/mes + o IVE correspondente (canon obrigatorio).

• Canon instalación máquinas de vending: 50 €/mes por máquina + o IVE correspondente (canon opcional).

3. Clasificación: non se exixe.

4. Procedemento de licitación: procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación (cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas).

5. Duración: dous anos; o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de tres meses, aínda que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá dos catro anos.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: 1.800 € (mil oitocentos euros).

8. Presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n estación de autobuses), CP 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 30 días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Apertura das proposicións: as datas de apertura dos sobres que conteñen os diferentes criterios de adxudicación que se valorarán nesta licitación, que terán lugar en acto público, anunciaranse cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa celebración no perfil do contratante: www.tussa.org.

10. Gastos dos anuncios: o gasto derivado da publicación desta licitación será por conta do adxudicatario.

11. Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24. Na web da Sociedade www.tussa.org.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2016

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)