Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de modificación das bases da convocatoria das prazas de Policía Local de Vigo.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do día 14 de outubro de 2016, adoptou acordo relativo á modificación das bases reitoras específicas da convocatoria correspondente a vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP núm. 240, do 18 de decembro de 2013 e no DOG núm. 245, do 24 de decembro, así como unha primeira modificación destas no BOP núm. 128, do 7 de xullo de 2015 e no DOG núm. 182, do 23 de setembro, incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011:

«Primeiro. Proceder á modificación da letra b) da base IV.1 –condicións dos e das aspirantes–, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: «superar os 18 anos de idade e, para o caso dos/das aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal, faltar como mínimo 12 anos para pasar á situación de segunda actividade con destino por razón da idade».

Segundo. Proceder á modificación da letra e) da base IV.1 –condicións dos e das aspirantes–, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: «ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B, segundo o disposto no Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Deberase achegar copia compulsada dos ditos permisos».

Terceiro. Proceder á modificación da letra i) da base IV.1 –condicións dos e das aspirantes–, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: «Os aspirantes ás prazas de policía local definitivamente admitidos deberán presentar perante o órgano de selección, na data de realización do primeiro exercicio (probas físicas), certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por colexiado en exercicio e, que non superará un máximo de tres meses desde a súa expedición, co obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (anexo IV das bases). A non presentación do referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo».

Cuarto. Acordar que as referidas modificacións se publiquen no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e e no taboleiro de editos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal www.vigo.org».

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 17 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal