Notifícase a interesada, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a seguir se relaciona (anexo), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do PACAP e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.
Ourense, 28 de outubro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expte. |
Nº acta infracción |
Nome/razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
|
53/16 |
I322016000015029 |
Ana Barril Rodríguez |
34950099N |
Praza Mil, 5-2º C, 32004 (Ourense) |
20.10.2016 |
626,00 € |


