Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1143/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Irene García Gómez contra Abac Concursal, S.L.P., Coserpont, S.L., Cafetería Hospital Gil Casares, Fogasa, Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 1143/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar o representante legal da empresa demandada Coserpont, S.L., Cafetería Hospital Gil Casares, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 28 de novembro de 2016, ás 13.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación ao representante legal da empresa demandada Coserpont, S.L., Cafetería Hospital Gil Casares, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza