Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 1187/2013).

SSS Seguridade Social 1187/2013

Procedemento orixe: /

Sobre Seguridade Social

Demandante: Nuria Sampaño González

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, INSS, Mutua Universal, Juan Manuel Capella Pérez, María José Lorenzo Gómez, Hipescar, S.L.

Avogado: Fogasa, Serv. Jurídico Seg. Social, María del Mar Gómez Balboa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1187/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria Sampaño González, contra Refojo e González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, INSS, Mutua Universal, Juan Manuel Capella Pérez, María José Lorenzo Gómez, Hipescar, S.L., sobre Seguridade Social, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza 272/2016.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1187/2013 seguidos por instancia de Nuria Sampaño González, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) e Tesouraría Xeral de Seguridade Social (en diante, TXSS), asistidos pola letrada Sra. Guerra Díaz; Mutua Universal, asistida pola letrada Sra. Gómez Balboa; Refojo González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Juan Manuel Capella Pérez, María José Lorenzo Gómez e Hipescar, S.L., ningún dos cales compareceu a pesar de estaren citados en legal forma, con base nos seguintes (...).

Decido:

Admitir substancialmente a demanda interposta por Nuria Sampaño González contra o INSS, a TXSS, Mutua Universal, Refojo González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., con intervención da administración concursal conformada por Juan Manuel Capella Pérez e María José Lorenzo Gómez e, en consecuencia, condenar Refojo González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., de forma conxunta e solidaria, a aboaren á demandante a cantidade de 83,62 euros como obrigados directos ao pagamento da cantidade reclamada, sen prexuízo da obriga de anticipo da Mutua Universal como responsable subsidiaria, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da Mutua Universal.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza