Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50202

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 8/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4, reforzo, da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 8/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Eduardo Sánchez Golán contra M3 Carpinteros, S.L.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 4, reforzo, da Coruña

Sentenza: 458/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade 8/2014.

Demandante: Jorge Eduardo Sánchez Golán.

Letrado: Sr. Baltar Pombo

Demandados: M3 Carpinteiros, S.L., Fogasa

A Coruña, 17 de outubro de 2016.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Jorge Eduardo Sánchez Golán fronte a M3 Carpinteiros, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 15.459,12 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos así como o xuro por demora do artigo 29.3 ET.

O Fogasa deberá pasar polo establecido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamentoo.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a M3 Carpinteros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza