Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (405/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 405/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Rey Fernández contra Texcomcor-2007, S.L., administración concursal de Texcomcor-2007, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 602/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 405/2016.

Demandante: María Isabel Rey Fernández.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandada: Texcomcor, S.L.

Letrado: administración concursal de Texcomcor, S.L.

Letrado: Sr. Caseiro Gómez.

Fogasa.

A Coruña, 18 de outubro de 2016.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Isabel Rey Fernández fronte á empresa Texcomcor-2007, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, por elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 1.852,48 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 35,55 euros/día.

3. A administración concursal da demandada e o Fogasa deberán de pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo de Social da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Texcomcor-2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza