Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50186

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2248/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2248/2015 desta sección, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra o Fogasa, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

Póñoa eu, a letrada da Administración de xustiza para facer constar que, con data do 18 de outubro de 2016, se recibiron procedentes da Sala do Social –Cuarta– do Tribunal Supremo, as presentes actuacións xunto con testemuño da resolución do recurso de casación en unificación de doutrina.

Acordo comunicar a súa recepción á Sala do Social –Cuarta– do Tribunal Supremo e cumprir o ordenado na súa resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: “declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 9 de setembro de 2015, no recurso de suplicación número 2248/2015, interposto por María del Rosario Sobrido Pando, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, con data do 4 de febreiro de 2015, ditouse sentenza, en data do 4 de febreiro de 2015, no procedemento número 903/2014 seguido por instancia de María del Rosario Sobrido Pando contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento. Declárase a firmeza da sentenza recorrida, sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe recurso ningún”.

Remítanse as actuacións ao órgano xudicial de procedencia con certificación da sentenza ditada por esta sala.

Unha vez consten recibidas as notificacións de recibo do órgano xudicial de procedencia, así como da notificación ás partes desta resolución, arquívense as actuacións deixando nota nos libros deste tribunal.

Notifíquese a presente resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente contén a resolución de conformidade ao disposto no artigos 186 e 187 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza