Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de exposición pública dun proxecto de expropiación.

Exponse ao público, polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de expropiación de parte da parcela número 769 do plano de concentración parcelaria de Oroso, A Gándara, Deixebre, Trasmonte, do termo municipal de Oroso (referencia catastral: 15061A501007690000ML), sita nos Mariñaos, parroquia de Oroso, fronte á estrada N-550, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 553, libro 62, folio 66, predio rexistral 9.603.

Exprópiase unha superficie de 446,00 m2 que se corresponde coa parte da parcela onde o Plan xeral de ordenación municipal de Oroso prevé o bombeo nº 2 da estrada N-550. A parcela está cualificada como solo rústico de protección natural, solo rústico de protección de augas e solo rústico de protección de infraestruturas.

Faise público para que, conforme o artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aqueles que poidan resultar interesados formulen as alegacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Oroso, 17 de outubro de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde