Mediante Resolución do 23 de setembro de 2016 aprobouse a contratación dun servizo para a execución e implementación dunha campaña de promoción dos viños galegos en Alemaña durante os anos 2016 e 2017, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria (expediente PA 4/16), xunto cos pregos que a rexen. Publicouse no DOUE do 8 de outubro, no BOE do 11 de outubro e no DOG do 20 de outubro de 2016.
Advertidos erros nos pregos que rexen a contratación, reconsidérase a contratación e ao abeiro do artigo 155.4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e en virtude da delegación de facultades ao meu favor conferidas polo Acordo do Consello de Dirección do Igape do 29 de marzo de 2012 (DOG núm. 78, do 24 de abril), desístese do procedemento.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica


