Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun complexo de turismo rural en solo rústico en Galdo (expediente 1733/2016).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 10 de outubro de 2016, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun complexo de turismo rural en solo rústico, na parcela 496, polígono 33, de referencia catastral 27067 A033004960000XI, sita en Galdo-Viveiro, promovido por Virginia Mateos García.

2º. Someter o expediente a información pública durante dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, e notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

O prazo de exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Viveiro, 17 de outubro de 2016

María Loureiro García
Alcaldesa