Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51485

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2016 pola que se publica a modificación no plan de estudos de grao en Educación Infantil.

O plan de estudos da titulación de grao en Educación Infantil pola Universidade de Vigo foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 3 de novembro de 2010 e modificado no do 11 de xaneiro de 2013, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 13 de novembro de 2009 (BOE do 5 de xaneiro de 2010).

De conformidade co que dispón o artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudo xa verificados, e tras obter o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia á solicitude da Universidade de Vigo de modificación do plan de estudos da titulación de grao en Educación Infantil, este reitoría

RESOLVE:

Publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título universitario oficial de graduado ou graduada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo que se recolle no anexo desta resolución.

Vigo, 4 de novembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Resolución do 4 de novembro de 2016 pola que se publica
o plan de estudos de grao en Educación Infantil

Denominación do título: graduado ou graduada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo.

Código da titulación:

O05G110 (Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Ourense).

P02G110 (Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Campus de Pontevedra).

V51G110 (Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica María Sedes Sapientiae. Centro adscrito. Campus de Vigo).

Os cursos primeiro, segundo e terceiro teñen a mesma organización temporal do plan de estudos publicado por Resolución do 15 de outubro de 2010 (BOE do 3 de novembro).

De conformidade coa modificación do plan de estudos da titulación de grao en Educación Infantil pola Universidade de Vigo, esta reitoría procede á modificación da publicación no senso seguinte:

1. A partir do curso 2013/14 a materia de didáctica da relixión católica elimínase da mención de afondamento curricular e non estará asignada a ningunha mención.

2. Engadir as seguintes mencións:

Mención: Linguas Estranxeiras. Campus de Ourense

Idioma estranxeiro II

OP

6

Lingua estranxeira a través das novas tecnoloxías

OP

6

Situacións de comunicación en lingua estranxeira

OP

6

Lingua estranxeira a través da literatura infantil ou xuvenil

OP

6

Didáctica da lingua estranxeira

OP

6

Optatividade: para escoller un total de catro (24 ECTS) dunha oferta de cinco materias (30 ECTS).

Mención: Educación Musical. Campus de Pontevedra

Agrupacións instrumentais para a escola

OP

6

Novas tecnoloxías para a educación musical na escola

OP

6

Técnica vocal e práctica coral

OP

6

Música nas culturas

OP

6

Expresión corporal e danza

OP

6

Optatividade: para escoller un total de catro (24 ECTS) dunha oferta de cinco materias (30 ECTS).

Mención: Audición e Linguaxe. Campus de Vigo

Desenvolvemento da linguaxe

OP

6

Psicopatoloxía da audición e da linguaxe

OP

6

Proceso lectoescritor: desenvolvemento, alteracións, avaliación e tratamento

OP

6

Recursos didácticos na aula de audición e linguaxe

OP

6

Prevención e intervención nas alteracións comunicativo-lingüísticas

OP

6

Optatividade: para escoller un total de catro (24 ECTS) dunha oferta de cinco materias (30 ECTS).

A temporalidade das materias poderá, por circunstancias excepcionais, sufrir modificacións, sempre que o autorice a vicerreitoría con competencias en organización académica e con anterioridade ao inicio do curso académico.