De acordo co previsto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación coa disposición transitoria terceira a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 9 de novembro de 2016
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expediente: 27R001-025-2009.
Interesada: Dismunaken, S.L.
CIF/NIF: B36965960.
Acto notificado: resolución de recurso de alzada.