Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (896/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 896/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tendas de Electrodomésticos, S.A., Electrónica Angueira, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 283/2016

PO procedemento ordinario 896/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Patricia Villaverde Delgado

Avogada: Rosa Vila Amarelle

Sentenza.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 896/2014 seguidos por instancia de Patricia Villaverde Delgado, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. e Electrónica Angueira, S.L., que non compareceron, malia a súa citación en legal forma, como tampouco o administrador concursal Jesús Alonso Álvarez, e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), con base nos seguintes

Decido:

Estímase a demanda interposta por Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. e Electrónica Angueira, S.L., con citación a xuízo do seu administrador concursal Jesús Alonso Álvarez, e o Fogasa, condenando solidariamente a Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A. e Electrónica Angueira, S.L. ao pagamento á demandante da cantidade reclamada de 3.725,57 euros, máis o 10 % de xuros por demora.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Unión de Tiendas de Electrodomésticos e Electrónica Angueira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza