Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00535-O-2016 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00535-O-2016 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoax interesadax deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 24 de outubro de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00535-O-2016

LU-1212-T

Baltasar Carballo Casavieja

33322008E

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

8.3.2016; 10.52; N-VI; 517,0

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

375 euros

LU-01414-O-2016

PO-3796-BN

Luis Manuel Machado Picarete

X1838207R

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

21.6.2016; 10.36; N-642; 51,0

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

375 euros