Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51958

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Resolución do 4 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2016 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

BDNS (Identif.): 322505.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Dáse publicidade, para o exercicio de 2016, do crédito das axudas establecidas na Orde do 27 de agosto de 2014 (DOG núm. 169, do 5 de setembro) pola que se ditan, con carácter permanente, as normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro (BOE do 29 de xaneiro), polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas, por importe de 1.403.815,81 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.470.0, código de proxecto 2015/00508.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego